6 de junio de 2011

A ponte de rande "A batalla"

Durante anos, en plena Guerra de Secesión, o poder da coroa española era ansiada polos seus inimigos, e moitos dos seus tesouros provenían das posesións en ultramar.

Despois de tres anos recolectando riqueza, a flota española flanqueada por buques de guerra dos aliados franceses, se encontra disposta a partir o 11 de Xuño dende América hacia o porto de Cádiz, o único autorizado para o desembarco desas riquezas.

O 22 de Setembro de 1702, ante o acocho da flota inglesa, ten que refuxiarse na Ría de Vigo, dirixíndose ó interior de la mesma, na ensenada de San Simón, construíndo no estreito unha empalizada de troncos que lles sirva de muralla defensiva. Mentres o goberno de indias estudaba se  podía desembarcar a carga, dada a exclusividade de Cádiz, a flota inimiga se acercaba, e as carencias defensivas do lugar eran preocupantes.

O 23 de Outubro se produce a famosa batalla. Os barcos ingleses atacan a cidade e destrúen a empalizada de Rande provocando unha sangrienta batalla onde participaron máis de 200 barcos e que durou un día e medio. O Consello de Indias xa había dado a orde urxente de desembarcar a mercadoría, pero o desastre xa estaba consumado: máis de 3000 mortos, dous tercios das cales eran da armada española. Os ingleses se levaron varios barcos con tesouros pero aproximadamente unha trintena foron afundidos polas chamas e hoxe se atopan repousando nos fondos desta ensenada de San Simón, cun tesouro de incalculable valor.

Dende entón, han sido moitas empresas e particulares os que o han querido recuperar e moitas as lendas que existen sobre el e que han espertado a curiosidade de xentes de todos os tempos, como o coñecido Xulio Verne, que o cita nas viaxes submarinas do Capitán Nemo.  

1 comentario:

  1. Baixo ese ponte conta a lenda que se agocha un tesouro nos barcos destruidos e afogados na batalla, uns galeons moi poderosos e ricos! ata agora todos os investigadores en busca de esos restos xamais encontraron nada, tan son restos de barcos naufragadoos!

    ResponderEliminar