6 de junio de 2011

A ponte de rande "A batalla"

Durante anos, en plena Guerra de Secesión, o poder da coroa española era ansiada polos seus inimigos, e moitos dos seus tesouros provenían das posesións en ultramar.

Despois de tres anos recolectando riqueza, a flota española flanqueada por buques de guerra dos aliados franceses, se encontra disposta a partir o 11 de Xuño dende América hacia o porto de Cádiz, o único autorizado para o desembarco desas riquezas.

O 22 de Setembro de 1702, ante o acocho da flota inglesa, ten que refuxiarse na Ría de Vigo, dirixíndose ó interior de la mesma, na ensenada de San Simón, construíndo no estreito unha empalizada de troncos que lles sirva de muralla defensiva. Mentres o goberno de indias estudaba se  podía desembarcar a carga, dada a exclusividade de Cádiz, a flota inimiga se acercaba, e as carencias defensivas do lugar eran preocupantes.

O 23 de Outubro se produce a famosa batalla. Os barcos ingleses atacan a cidade e destrúen a empalizada de Rande provocando unha sangrienta batalla onde participaron máis de 200 barcos e que durou un día e medio. O Consello de Indias xa había dado a orde urxente de desembarcar a mercadoría, pero o desastre xa estaba consumado: máis de 3000 mortos, dous tercios das cales eran da armada española. Os ingleses se levaron varios barcos con tesouros pero aproximadamente unha trintena foron afundidos polas chamas e hoxe se atopan repousando nos fondos desta ensenada de San Simón, cun tesouro de incalculable valor.

Dende entón, han sido moitas empresas e particulares os que o han querido recuperar e moitas as lendas que existen sobre el e que han espertado a curiosidade de xentes de todos os tempos, como o coñecido Xulio Verne, que o cita nas viaxes submarinas do Capitán Nemo.  

25 de mayo de 2011

A Costa da Morte " A lenda Negra "



A lenda conta que as noites de temporal e de pouca visibilidade, cando as chuvias ou as brumas impedían ós navegantes avistala costa, pequenos grupos de paisans acudían cos seus bueis a pasealos polos límites dos cabos, colgaban dos cuernos das bestias pequenos faros encendidos que simulaban, co andar  dos animais, o balanceo das luces doutras embarcacións navegando.

Os patróns dos buques que cruzaban a costa, o confundila luz destas farolas coa luz dalgunha outra embarcación que navegaba máis a terra e a mayor resgardo dea tempestad, optaba por imitala, aproximándose eles tamén a  costa, caendo nunha trampa mortal, e precipitándose inevitablemente contra os escollos.

En poucos minutos o barco enganado estaba perdido, aproveitando enton a turba de lugareños para saquealo e se fora preciso, asasinar ós náufragos.

O que haxa de verdade nesta historia é algo imposible de coñecer, xa que ninguén recoñeceu xamais haber actuado desta maneira, e aínda hoxe, so os vellos recordan haber ido as praias a incautarse da carga dos navíos.

18 de mayo de 2011

A San Andrés de Teixido vai de morto .... quen no foi de vivo

 
Esta lenda está situada en Cedeira. San Andrés, vía como a tumba de Santiago iba moita xente mentras que él nunca recibia visitas, e paseaba melancólico as súas soidades. Un día se atopou con Xesus que foi a visitalo e lle preguntou: "¿Cómo é que estás triste?" San Andrés lle respondeu que a pesar de que el facía milagres ninguén o ía visitar. Entón Xesús o mirou e sonrindo lle dijo que non era menos que Santiago e que al menos unha vez na súa vida alguén o iba a visitar. San Andrés deulle as grazas a Xesús e lle preguntou como ía ser posible e este lle respondeu que todo o mundo tería que pasar por ali despois de morto.


 Por isa razón ninguén molesta os animais que andan polas sendas do santuario, porque a lenda di que levan as almas dos que non peregrinaron en vida.

11 de mayo de 2011

A Torre de Hércules

Houbo un xigante chamado Gerión, rey de Brigantium, que obligaba aos seus súbditos a entregarlle a mitade dos seus bens, incluindo os seus fillos. Un día os súbditos decidiron pedir axuda a Hércules, que retou a Gerión nunha gran pelexa. Hércules derrotou a Gerión, o enterrou e levantou un túmulo que coronou cunha gran antorcha. Cerca deste túmulo fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha muller chamada Cruña, Hércules lle puso a cidade este nome.

4 de mayo de 2011

Orixes das Lendas




As lendas son narracións tradicionais, fantásticas e combinan os feitos extraordinarios cunha referencia concreta do lugar e de persoas historicas ou imaxinarias.
Ten a súa orixe na relixión, nas creenzas das razas e dos pobos primitivos, en mitoloxías pagas e hoxe en día se lle pode incorporar motivos máis serios.